:. SESIÓN DO CLAUSTRO CONSTITUINTE DO 11/07/2002.

ORDE DO DÍA

  • Constitución da mesa de idade.

  • Elección do Consello de Goberno provisional.

  • Proposta de creación dunha Comisión do Claustro.

DESENVOLVEMENTO

Primeiro Punto.

O noso portavoz no Claustro Xan Cebro, fixo unha puntualización de orde referida a que non procedía que a mesa de idade se extendese máis alá da constitución da mesa definitiva do Claustro, e moito menos na elección do Consello de Goberno; a parte doutros argumentos, leu o orde do día da constitución do Claustro da Universidade de Santiago ó que lle respondeu o Sr. Rector que na Universidade de Vigo "somos diferentes ó resto".

Segundo Punto.

Procedeuse á elección do Consello de Goberno, órgano no que participamos con dous membros:

Terceiro Punto.

O Sr. Rector decaeu na sua proposta de crear unha Comisión do Claustro e pasouse á elección da Mesa definitiva do Claustro.

Aquí houbo un amplo debate sobre o número de sectores que tiñan que estar representados na mesa. O noso portavoz Sr. Cebro defendía a postura de que segundo os Estatutos existentes tiñan que estar tres sectores (3 PDI, 3 PAS, 3 Alumnos), recollendo o espírito ANTI-LOU emanado do anterior Claustro (http://www.uvigo.es/informacion/claustro_lou1.pdf) . Outros defendían que había que recurrir á LOU (onde mais lles favorecía a eles) contando así con catro sectores (2 doutores, 2 non doutores, 2 PAS, 2 alumnos), conseguindo con elo que os PDI estexan doblemente representados.

Logo de varias intervencións pasamos á votación, na que a nosa proposta saiu derrotada con 72 votos a favor e 110 en contra.

Curiosamente os nosos compañeiros PAS de QUEICOIÑAS votaron en contra da nosa proposta PERDENDO ASI UN REPRESENTANTE NA MESA DO CLAUSTRO.

Pasamos despois á elección da mesa (segundo a LOU). Nos outros tres sectores chegaron a un acordo, non así no noso, porque non podiamos cederlle un posto na Mesa a quen uns minutos antes apoiara mermar nun representante a todo o colectivo de PAS.

Os nosos membros na Mesa son: