Primeiro Punto.
Cando finalizou a letura de
tódalas actas pendentes, Converxencia Unitaria do PAS (CUPAS) fixo
unha moción á Mesa do Claustro para que constase en acta a presencia
dos compañeiros PAS no Claustro Universitario protestando pola forma
en que se está implantando o programa LABORA na Universidade
de Vigo. Tamén se fixo unha petición formal de que o escrito que se
estaba repartindo a tódolos claustrais se incluise na acta da
sesión. Moción que foi aceptada pola presidencia da Mesa.
Segundo
Punto.
Converxencia Unitaria do
PAS (CUPAS) fixo unha intervención de 15 minutos onde desgranou
título por título os orzamentos do 2002. CUPAS tomou a decisión de
absterse na votación, por considerar que eran uns orzamentos
prorrogados do ano anterior por mor das eleccións na Xunta de
Galicia e na Universidade de Vigo, xa que logo, eran uns orzamentos
xa executados e que polo tanto non daban pé a ningunha modificación
dos mesmos.
A oposición ó Sr. Rector
non entendeu a postura de CUPAS, non entendeu nin entende que CUPAS
é unha candidatura totalmente independente nos seus postulados,
donde tódalas decisións son consensuadas entre os seus membros,
onde o único fin e principios que rixe á candidatura é a loita por
unha Universidade pública e de calidade. Dende esta independencia,
algunhas veces coincidiremos cos postulados defendidos pola
oposición, así como noutras ocasións coincidiremos cos postulados e
políticas marcadas polo equipo de goberno. Este, e non outro, é no
campo ónde se move a nosa candidatura.
No último apartado da
intervención de CUPAS nos orzamentos fixemos mención, aproveitando
o Capítulo I de persoal, á problemática dos contratos en
precario de LABORA
Terceiro
Punto.
Converxencia
Unitaria do PAS (CUPAS) solicitou do Excmo. e Magfco. Sr. Rector a
apertura de diálogo e negociación entre os representantes do PAS
(Xunta de Persoal e Comité de Empresa) e o Sr. Xerente para que a
implantación do programa LABORA na Universidade de Vigo, non
sexa a costa das RPTs do PAS e non sexa para cubrir carencias dos
servicios desta universidade.
A
contestación do Sr. Rector a este rogo foi de total apertura, e
indicou que ía dar instruccións ó Sr. Xerente para que se puxese a
negociar neste asunto cos representantes dos traballadores.
Temos que
criticar moi duramente a postura da candidatura de QUEICOIÑAS sobre
este asunto: non fixo absolutamente ningunha intervención nin
xiquera fixo postura ningunha de apoio ós compañeiros PAS, despois
de que na asemblea celebrada antes do inicio do Claustro e na que
estaban presentes membros de Queicoiñas, se decidise que se ía
protestar contra o programa labora. Os membros de Queicoiñas
no Claustro estiveron máis preocupados de salvagardar ó equipo
de goberno que de defender os intereses do colectivo que os votou
para que os representasen nese foro. Todos os PAS que estabamos
presentes, menos os compañeiros QUEICOIÑAS, eramos portadores de
pancartas rexeitando a implantación do programa LABORA na
Universidade de Vigo.
Dende estas
líneas queremos felicitar ós compañeiros que se desprazaron ó
Claustro universitario para protestar, en nome de todos, contra o
programa LABORA. FELICIDADES A TODOS VOS.