UNIVERSIDADE DE
CALIDADE.
España
está moi por debaixo da media europea en gasto público para o ensino
superior e a investigación, xa que só adica o 1,1% do PIB á educación superior fronte ó
1,6% dos países da OCDE. O gasto por alumno universitario en España está no 47%
da media dos países da OCDE (1997). O gasto público en I+D está situado no 65%
da media europea (EUROSTAT 1998).
Neste
senso, e para mellora-la calidade da Universidade débese instar o
incremento do financiamento para á educación pública superior mediante unha
política xusta dos diferentes poderes públicos. Esixencia ós poderes públicos
de dotar ó sistema universitario dos recursos económicos necesarios para
equipara-lo gasto público universitario á media dos países da Unión Europea, a
través de un plano de financiamento plurianual.
Débese alcanza-la máxima calidade na xestión da Universidade de Vigo ó servicio
da comunidade universitaria e da sociedade en xeral, mediante unha mellora no
ratio do PAS/alumno/profesor.
Hai que
iniciar un proceso de descentralización e desconcentración, para achega-la administración universitaria ós usuarios e dotar dos recursos necesarios ós servicios,
para que desenvolvan con plena garantía as súas competencias e
poidan ofrecer á comunidade un servicio de calidade.
Xeneralización
e potenciación das estructuras
universitarias dos Campus, respectando as administracións dos Centros,
dentro dun proceso de descentralizacións dos servicios.
Impulso
dunha reforma administrativa que, entre outras accións ten que
contemplar a racionalización do actual cadro de persoal, mediante a revisión
das actuais RPT’s, adecuando o seu crecemento ás necesidades e ás novas
tecnoloxías, e asociada á profesionalización da xestión dos empregados
públicos, á mellora na carreira profesional e incidindo na separación das
tarefas de dirección política e as de estricta xestión administrativa.
Potenciación
e definición das funcións correspondentes a cada centro de xestión, incidindo na labor de
coordinación das tarefas, e elaborando documentos informativos que recollan as
prestacións dos servicios, evitando a contratación externa para a realización
de traballos que deben ser desempeñados por persoal propio.
Elaboración
de repertorios normativos, actualizados periodicamente, e de manuais de procedemento
administrativo e de xestión que garantan a homoxeneización, axilidade e
seguridade xurídica do traballo desenvolvido nos servicios.
|