Consello
Social: todo o
cadro de persoal necesario para que o Consello Social poda executa-las tarefas
encomendadas pola Lei Orgánica de Universidades e a lexislación que lle afecte,
estará composta por PAS da Universidade de Vigo.
Claustro: terá que se-lo órgano
máximo de representación e decisión da Comunidade Universitaria. Representación
do 10% para o PAS.
Consello de Goberno: o 30% correspondente a
Decanos ou Directores serán elixidos por todo o Claustro e nunca designados.
Mantemento da proporción actual da representación do PAS.
Consellos de Campus: mantemento da súa actual
regulamentación que figura nos Estatutos da Universidade.
Xunta Consultiva: limitación da importancia
deste órgano xa que non é necesario para o funcionamento e goberno da
Universidade e só engade unha innecesaria burocratización.
Xunta de Facultade ou
Escola: a súa
composición por sectores gardará os mesmas porcentaxes que no Claustro.
Consello de Departamento: a súa composición por
sectores gardará os mesmos porcentaxes que no Claustro.
Consellos de Institutos Universitarios: mantemento da súa actual
regulamentación que figura nos Estatutos da Universidade.