:. PROGRAMA ELECTORAL

POLÍTICA DE PAS. POLÍTICA DE EMPREGO.

  • Promoción do emprego estable para o persoal contratado. Limitar as contratacións temporais para realizar únicamente traballos periódicos ou baixas laborais.

  • Continuación dos procesos de promoción do persoal como un medio do recoñecemento das súas funcións.

  • Elaboración de RPT’s anuais, cunhas normas de xestión que conteñan a determinación das funcións e condicións de traballo. Ditas RPT’s, así como os concursos, promocións internas e ofertas de emprego públicas que xeran, deberán estar contempladas nos presupostos anuais e no Plano Plurianual.

  • Respecto á cobertura de prazas mediante concurso compre asegurar, en todo caso, que de aplica-lo principio de reciprocidade con outras Universidades ou Administracións Públicas, ista se faga en condicións vantaxosas para o PAS da Universidade de Vigo.