POLÍTICA DE PAS. FORMACIÓN.
Instar a
elaboración dun plano estratéxico cuadrienal de formación permanente,
con obxectivos claros e enmarcados nunha política de calidade pública:
Creación
dunha escola de formación do PAS propia da Universidade que recolla e
sistematice tódalas necesidades formativas do cadro de persoal e que conte
cunha estructura axeitada para xestionala. En todo caso, débese dotar dunha aula
de formación e outra multimedia en cada Campus, cos medios axeitados para o seu
correcto funcionamento.
Edición
de textos oficiais de oposicións e cursos propios da Universidade de Vigo.
Formación
continuada e especializada axeitada ós postos desenvolvidos.
Aumento
do presuposto destinado á formación.
Establecemento
de Bolsas e Axudas para realización de actividades formativas.
Implantación
de formación non presencial.
Realización
de convenios con outras Universidades,
españolas ou estranxeiras, que faciliten o intercambio do PAS en cursos de
idiomas ou en cursos de especialización.
|