A recuperación
do poder adquisitivo e unha clausula de revisión salarial.
Defensa
da xornada de 35 horas, e definición clara dos horarios de traballo de
tódolos traballadores.
Establecemento
dunha regulación para a participación do PAS nos proxectos de investigación
e outras actividades extraordinarias para evita-las contratacións fora da
Universidade.
Defensa
dos órganos de representación sindical como interlocutores válidos de calquera proceso de
negociación referente ó PAS e equiparación da capacidade de negociación da
Xunta de Persoal e o Comité de Empresa.
Coordinación dos representantes
elixidos polo PAS nos órganos colexiados coa Xunta de Persoal Funcionario e
Comité de Empresa para defender conxuntamente, cada un no seu ámbeto, os
dereitos e intereses do PAS.
Presencia
con voz e sen voto dos representantes dos órganos de representación do PAS no
Claustro e o Consello de Goberno.
Diferenciación
entre as funcións estrictamente políticas e as administrativas, evitando interferencias
de persoal de confianza política nas labores do PAS, buscando a reducción e
supresión paulatina dos cargos docentes con funcións administrativas.
Entendemos
que un bolseiro é unha persoa que se está formando nalgún eido da investigación.
Compre elaborar para eles un regulamento que permita a racionalización e
redefinición da figura de bolseiro na estructura universitaria, xunto coa
creación dun rexistro único de bolseiros accesible ós representantes dos
traballadores. Aqueles que non queden comprendidos na anterior definición
entendemos que realizan tarefas administrativas ou de xestión e, polo tanto, os
seus postos deben incorporarse ás correspondentes RPT’s.
O mesmo
se pode dicir respecto das múltiples “oficinas” creadas nos últimos anos
(OFOE, OFIX, OMA, ...).
Xeneralización
da utilización das tecnoloxías da información mediante a potenciación dos servicios informáticos
da Universidade os cales supoñen un soporte para a docencia, a investigación o
estudio e os procesos administrativos.
Garanti-lo
transporte do persoal ás instalacións do campus universitario de forma
rápida, gratuita e coas frecuencias necesarias. Para aqueles que por motivos
diversos non podan adaptarse a eses horarios establecemento dun complemento de
transporte ou bonos de gasolina.