UNIVERSIDADE PÚBLICA E
DEMOCRÁTICA.
ÓRGANOS DE GOBERNO UNIPERSOAIS E OUTROS POSTOS ADMINISTRATIVOS.
Rector e equipo de goberno:
petición de reprobación a
instancias de 1/3 dos membros do Claustro e para que prospere a iniciativa o
voto afirmativo da metade mais un do total dos membros que integran o Claustro
da Universidade.
Xerente: será nomeado polo Rector
de entre funcionarios do grupo A, Técnicos de Xestión da Administración, de
acordo co Consello Social, tralo informe favorable do Consello de Goberno e
informados e oídos os representantes dos traballadores da Universidade. O
exercicio do cargo de Xerente requirirá adicación a tempo completo e a súa
titularidade será incompatible co desempeño de funcións docentes e
investigadoras. Defendemos unha Xerencia forte, organizada e con capacidade
plena para executa-los acordos acadados cos órganos de representación do
persoal.
Vicexerentes: o Rector poderá nomear
Vicexerentes, como froito das necesidades organizativas da Xerencia, de entre
os membros das escalas de técnicos de Xestión Universitaria ou de Corpos de
Administración do Estado e os seus Organismos Autónomos, así como do grupo
laboral equivalente, preferiblemente, que presten servicios na Universidade de
Vigo.
Secretario Xeral: nomeamento de entre
funcionarios de administración do grupo A que presten servicios na Universidade
de Vigo.
Administrador de Centro: mantemento da regulación
que figura nos actuais Estatutos da Universidade.
Presidente do Tribunal de
Garantías: ten que
ser unha persoa independente e desvincularse de calquera órgano de
representación, de xeito que poida desenvolver as súas funcións desde a máis
estricta imparcialidade.
|