UNIVERSIDADE PÚBLICA E
DEMOCRÁTICA.
O noso posicionamento a prol dunha Universidade
Pública e democrática concrétase nas seguintes reivindicacións:
Garantía
da participación plural dos diferentes sectores universitarios nos
órganos de goberno, e principalmente no Claustro e Consello de Goberno. Como
mínimo, deberá existir unha representación do PAS dun 10% nos órganos
colexiados.
En xeral nos Estatutos da
Universidade de Vigo deberase dar maior preponderancia e competencias ós
órganos colexiados sobre unipersoais, e ós elixidos sobre os designados.
Normalización do uso e
coñecemento do idioma galego en tódolos ámbetos
universitarios. Creación dun Servicio de Traducción e Normalización
Lingüísticas propio.
É preciso
acadar unha maior transparencia na información sobre o que pasa no
Claustro ou no Consello de Goberno, garantindo a consulta e participación do
colectivo que representamos naquelas decisións que nos afectan directa ou
indirectamente. Establecerase, por parte de CUPAS, un contacto permanente cos electores
a través de: informacións escritas, asembleas, páxina web na Universidade, etc.,
con
especial énfase na información derivada das reunións de Claustro e Consello de
Goberno.
Reivindicamos a defensa do público
como garantía dos intereses colectivos fronte á iniciativa privada movida polo
beneficio individual e os intereses particulares. Neste senso, deberase
impulsar o campo do público na Universidade, tanto no que atinxe á docencia e
á investigación, como na xestión administrativa e dos servicios. Polo tanto,
deberase iniciar un proceso que inverta as políticas de privatizacións que se
produciron nalgúns servicios nos últimos anos.
Reconversión da Unidade Técnica como parte do cadro de PAS propio da Universidade de Vigo.
|